Saltar ao contido

Historia de Lima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lima foi fundada por Francisco Pizarro o 18 de xaneiro de 1535, co nome de «Cidad de los Reyes». Non obstante, co tempo persistiu o seu nome orixinal que provén da lingua aimará (lima-limaq : flor amarela) ou do quechua (rimaq, falador) polo seu río, o río Rímac (Río Rímac ou Río Falador). Sobre os primeiros mapas do Perú, pódese ver simultaneamente o nome de Lima e o da Cidade dos Reis. Converteuse no principal núcleo do poder hispano no Perú. O urbanismo de Lima serviu de modelo na América do Sur española durante o período colonial.

Culturas prehispánicas

[editar | editar a fonte]

O litoral peruano no seu encontro cos Andes é o berce dunha das primeiras civilizacións da humanidade. Civilización que se materializou nunha chea de culturas estendidas ao longo de tres mil cincocentos anos.

A bisbarra onde agora se asenta a Municipalidade Metropolitana de Lima, centrada no eixo que compón o val do río Rímac, foi dende o principio un dos enclaves importantes do desenvolvemento daquelas culturas [1].

Mesmo no período precerámico o asentamento de El Paraíso (2200-1900 a.C., no extremo noroeste da área metropolitana [2]) constitúe o primeiro gran centro cerimonial na costa e delata xa un grao de organización e construción notable que anticipa o posterior período formativo caracterizado polos templos en U [3].

Foi no comezo do segundo milenio antes da nosa era cando aparece un poboamento agrícola continuado na beira dereita do río Rímac, agrupado arredor de templos en U en polo menos sete enclaves a distancias similares: o máis antigo, La Florida (1800 a.C., ao norte do centro histórico); e o máis notable Garagay (1400 a.C., ao leste do aeroporto [4]).

O centro máis importante da época prehispánica comezou a xestarse sobre ese sedimento, pero non foi ata o cambio de era cando, coa chegada da cultura homónima da actual metrópole, a cultura Lima (200-650 d.C.), alcanzou o seu esplendor (30-50 000 habitantes). Trátase de Maranga (ao sur de Garagay, na outra beira do Rímac [5]) e as súas características huacas, grandes pirámides de "adobiños" [6][7].

Houbo outros centros, como Cajamarquilla (principal da cultura Wari no nordeste da bisbarra [8],[9]), que tras unha época de abandono e decadencia (final da cultura Wari ou Huari, 750-900) renaceron coa cultura Ychsma (señorío Ichma ou Ichmay, 900-1440). Pero foi Pachacamac (no extremo sur do área metropolitana actual [10]) o máis célebre ata a época inca e a chegada dos españois.

Pachacamac era lugar de peregrinación polo santuario-oráculo do deus creador homónimo cando os incas o conquistaron (1460). Asimilárono e enriquecérono construíndo novos templos e facendo da cidade un importante centro administrativo do seu imperio [11].

Cidade dos Reis

[editar | editar a fonte]

Cando Francisco Pizarro rematou a conquista do Imperio Inca en 1533, procurando o lugar apropiado para a súa capital, é posíbel que o val do Rímac con todo o seu gran pasado e o prestixio de Pachacamac inda vixente, a máis da proximidade ao mar da que carecían outras opcións nos Andes, fose a razón para que decidise finalmente a fundar alí en 1535 a que nomeou Ciudad de los Reyes, na beira sur do río, segundo o plan habitual do urbanismo colonial español.

O sitio era unha encrucillada de camiños das épocas pasadas (vado norte-sur do río, toma de auga para a fertilización dos campos de Maranga, vía oeste-leste entre esta e Cajamarquilla).

Nel trázase unha cuadrícula (117 illas ou cuadras, en catro áreas, rúas de 11 metros, 240 Ha en total) con orixe nunha gran praza (Praza de Armas ou Maior) onde se situaban os edificios máis representativos do poder político e relixioso [12]. Así a futura catedral, que comeza a edificarse dende o primeiro día, e a casa de Pizarro (futuro Pazo do Goberno) [13].

En 1543 convértese en capital do Vicerreinado do Perú (case toda Suramérica no tempo). O crecemento vaise producir en torno a Praza Maior, en barrios arredor de parroquias e no ámbito da ribeira do Rímac. Fora da cuadrícula, que vai axeitándose aos trazados preexistentes, os indios, escravos e plebe confínanse en núcleos chamados reducciones (Hospital de San Lázaro en 1563; Santiago del Cercado 1571) [14].

Para 1610 constrúese a ponte de pedra comunicando ata hoxe co barrio de Rímac (arrabalde de S. Lázaro antedito) e que se desenvolveu entón. Deseguido, trazouse a Alameda dos Descalzos (1611), celebrado lugar de paseo dos limeños ao pé do tutelar Cerro San Cristóbal [15][16].

Esplendor da Lima virreinal

[editar | editar a fonte]

No século XVII, a capital consolídase como o núcleo urbano máis importante de América do Sur. A pesar dos frecuentes terremotos a cidade erixe cada vez máis nobres construcións (igrexas das ordes dos dominicos, franciscanos, mercedarios; célebres casas señoriais con singulares balcóns-celosía de madeira [17]) e embelece o espazo público con prazas, fontes e estatuas.

Pola súa riqueza comeza a sufrir ataques piratas, o que fai preciso a construción dun cinto murario. Lévase a cabo en 1684-87 integrando parte de Santiago do Cercado [18][19]. Esta conformación vaise manter no substancial ata a segunda metade do século XIX.

En 1746 resulta destruída por un catastrófico terremoto. Foi simbólico da decadencia que comezaba. Esgotábase a prata das minas de Potosí que sustentara a riqueza do Perú. A máis, a creación de novas audiencias reducía progresivamente a importancia do seu vicerreinado.

Vista panorámica da praza de Acho e alameda á beira do Rímac; ao fondo o centro histórico de Lima.

A reconstrución realízase dende unha perspectiva modernizadora ilustrada e laica: cemiterios, fábricas de tabacos, cuarteis, almacéns militares, hospicios, edificios administrativos diversos, praza de touros de Acho etc. A destacar os novos paseos e alamedas nas beiras do Rímac (Paseo de Aguas, Alameda de Acho, Alameda Nueva de Piedra Lisa e baños públicos) que recuperan e articulan a periferia ribeira coa cidade amurallada [20] ; e o Nuevo Camino del Callao (1799) que o fai coa contorna rural e o porto.

Capital da República Peruana

[editar | editar a fonte]

Aquel vai ser o traxecto do primeiro ferrocarril de América (Lima-Callao, 1850) [21]. Para entón a cidade era xa capital da independizada República do Perú (1821), pero non foi ata esa década, a dos cincuenta, cando comezou unha nova etapa de crecemento e riqueza da man das exportacións de guano.

Para permitir ese crecemento en 1872 derrúbanse as murallas e no seu lugar aparecen as primeiras avenidas da capital (segundo o modelo dos bulevares parisienses), articuladas por prazas de conexión cos futuros desenvolvementos cara ao sur principalmente [22][23]. Será alí, xunto á costa, onde as colonias balnearias (sinaladamente Miraflores) vanse converter nos barrios burgueses da Lima actual. Os barrios obreiros, como o primeiro de La Victoria, para a incipiente inmigración dende o rural, completan o traxecto (Avenida Arequipa e Paseo da República).

Coma colofón dese proceso estrutural, en 1921, no lugar da primeira estación ferroviaria (co traslado da liña ao Rímac), urbanízase a Praza San Martín, centro neurálxico da capital entre o dameiro histórico e as avenidas anteditas [24].

Na segunda metade do século XX Lima sufriu o mesmo proceso de metropolización que outras grandes capitais de Suramérica. A poboación rural peruana non deixou de afluír ante as expectativas de mellores condicións de vida, o que ocasionou a aparición de numerosos asentamentos de chabolismo e infravivenda [25][26].

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 07 de novembro de 2008. 
  2. "El Paraíso". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2009. Consultado o 07 de novembro de 2008. 
  3. "Templo en "U"". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2007. Consultado o 07 de novembro de 2008. 
  4. "Garagay". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2009. Consultado o 07 de novembro de 2008. 
  5. "La antigua ciudad de Maranga". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2007. Consultado o 13 de maio de 2007. 
  6. "San Marcos". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2013. Consultado o 08 de novembro de 2008. 
  7. "Huaca San Marcos". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2005. Consultado o 19 de xuño de 2005. 
  8. "Proyecto arqueológico de Cajamarquilla". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2008. Consultado o 08 de novembro de 2008. 
  9. "Cajamarquilla". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2008. Consultado o 08 de novembro de 2008. 
  10. "Pachacamac". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 08 de novembro de 2008. 
  11. "Pachacamac Ichma Centro Ceremonial Andes". www.tiwanakuarcheo.net. Consultado o 2019-07-30. 
  12. "lima+sgn+pixzarro+1535.jpg (image)". bp0.blogger.com. Consultado o 2019-07-30. 
  13. [1][Ligazón morta permanente]
  14. [2][Ligazón morta permanente]
  15. [3]
  16. [4]
  17. "torretagle28hw". archive.is. 2012-07-12. Archived from the original on 12 de xullo de 2012. Consultado o 2019-07-30. 
  18. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2008. 
  19. [5]
  20. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 21 de novembro de 2008. 
  21. "Ciudad de Lima". www.davidrumsey.com. Consultado o 2019-07-30. 
  22. [6]
  23. "Periodo 1872-1919". www.arqandina.com. Consultado o 2019-07-30. 
  24. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 21 de novembro de 2008. 
  25. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2007. Consultado o 21 de novembro de 2008. 
  26. [7]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Andrien, Kenneth Crisis and decline: the Viceroyalty of Peru in the seventeenth century. Albuquerque: University of New Mexico Press, 1985. ISBN 0-8263-0791-4 (en inglés)
  • Anna, Timothy, The fall of the royal government in Peru. Lincoln: University of Nebraska Press, 1979. ISBN 0-8032-1004-3 (en inglés)
  • Clayton, Lawrence, "Local initiative and finance in defense of the Viceroyalty of Peru: the development of self-reliance". Hispanic American Historical Review 54 (2): 284–304 (maio de 1974). DOI 10.2307/2512570 (en inglés)
  • Conlee, Christina, Jalh Dulanto, Carol Mackay and Charles Stanish. "Late Prehispanic sociopolitical complexity". En Helaine Silverman (ed.), Andean archaeology, Malden: Blackwell, 2004, pp. 209–236. ISBN 0-631-23400-4 (en inglés)
  • Dietz, Henry, Poverty and problem-solving under military rule: the urban poor in Lima, Peru. Austin : University of Texas Press, 1980. ISBN 0-292-76460-X (en inglés)
  • García, José, "Arquitectura en el virreinato y la república". En Historia del Perú, tomo XII. Lima: Mejía Baca, 1980. (en castelán)
  • Hemming, John, The conquest of the Incas, Londres: Macmillan, 1993. ISBN 0-333-51794-6 (en inglés)
  • Higgings, James, Lima. A cultural history, Oxford: Oxford University Press, 2005. ISBN 0-19-517891-2 (en inglés)
  • Instituto Nacional de Estadística e Informática, Lima Metropolitana perfil socio-demográfico Arquivado 20 de setembro de 2009 en Wayback Machine., Lima: INEI, 1996. (en castelán)
  • Klarén, Peter, Peru: society and nationhood in the Andes. Nova York: Oxford University Press, 2000. ISBN 0-19-506928-5 (en inglés)
  • Ramón, Gabriel, "El guión de la cirugía urbana: Lima 1850–1940". En Ensayos en Ciencias Sociales, Lima, Universidad Nacional Mayor de San Marcos, 2004, pp. 9–33. ISBN 9972-9812-7-4 (en castelán)
  • Walker, Charles, "The upper classes and their upper stories: architecture and the aftermath of the Lima earthquake of 1746". Hispanic American Historical Review 83 (1): 53–82 (febreiro 2003). (en inglés)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]